Natalia Salgado Rodríguez toma posesión como nova traballadora social do Concello de Silleda
- Laura Moure

- hace 9 horas
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
Natalia Salgado Rodríguez vén de tomar posesión como nova traballadora social do Concello de Silleda, logo de superar o proceso selectivo iniciado en outubro de 2025 para a cobertura desta praza, incluída na Oferta de Emprego Público municipal. A incorporación de Salgado Rodríguez como funcionaria de carreira permitirá reforzar o
departamento de Benestar Social, unha área clave na atención á veciñanza e no acompañamento ás persoas e familias en situación de vulnerabilidade, dependencia ou necesidade de apoio social.
A nova traballadora social súmase ao equipo municipal nun momento no que o Concello de Silleda continúa avanzando na consolidación dos Servizos Sociais municipais. Neste sentido, nas vindeiras semanas tamén está prevista a convocatoria de dúas prazas de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar, que se cubrirán como persoal laboral fixo, unha convocatoria que abrirá prazo ca publicación da mesma no Boletín Oficial do Estado (BOE).

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, destaca que “a incorporación de Natalia Salgado como nova traballadora social supón un reforzo importante para o departamento de Benestar Social, unha área fundamental para garantir unha atención próxima, humana e eficaz á veciñanza”.
A rexedora subliña que “os Servizos Sociais municipais son unha prioridade para este goberno, porque atenden necesidades moi sensibles e acompañan ás persoas en momentos nos que precisan apoio, información e recursos”. Neste sentido, engade que “seguir dotando o departamento de persoal estable é esencial para mellorar a capacidade de resposta do Concello”.
PUBLICIDADE
Fernández lembra ademais que “esta incorporación forma parte dunha planificación máis ampla para consolidar os recursos humanos dos Servizos Sociais”, na que tamén se inclúe a futura convocatoria das dúas prazas fixas de auxiliares do SAF.
PUBLICIDADE
O Concello de Silleda continúa así avanzando na estabilización e reforzo dos servizos públicos municipais, especialmente daqueles vinculados ao coidado, á atención social e á mellora da calidade de vida da veciñanza.








Comentarios