top of page

Nais ao poder en Agolada!

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Preséntase unha única candidatura para formar a ANPA do colexio desta localidade e está composta por todo mulleres

Laura Moure/Agolada

Este mércores finalizou o prazo para presentar candidatura para conformar a ANPA do CEIP Agolada e só se presentou unha.


Esta está composta da seguinte maneira:

  • Presidenta: Mónica Negro García.

  • Vicepresidenta: Paula Coego Montoto.

  • Secretaria: Ana Belén Blanco Cordido.

  • Tesoreira: Ana Coego Pampín.

  • Vogais: Raquel Sánchez Rivas, Margarita Varela Iglesias e Teresa Tarrío Lamas.

“Somos un grupo de nais comprometidas coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunicación educativa en xeral”, indican. “O noso interese en formar a ANPA é a estabilidade da escola en colaboración cos mestres e coa dirección do centro”.

Ademais, buscan a participación de todos os proxenitores e intentarán dar o mellor de si. “Gustaríanos contribuír a crear unha comunidade educativa aberta e dialongante onde estean incluídos todos os pais. E somos conscientes de que este ano será complicado, pero intentaremos coa axuda e implicación de todos, compensar todas as limitacións que teñamos”, recalcan.


“A Xunta Directiva quere que todas as persoas aporten a súa opinión e ideas para así poder mellorar a educación dos nos fillos, que realmente é o que nos interesa”, subliñan. “Coa ilusión e traballo de todos, seguro que podemos levar a cabo os nos proxectos e melloras para o centro”.


Lembran que é importante que os pais e nais acudan a votar este sábado, día 2, de 19:30 a 20:30 horas, ao Auditorio Municipal Manuel Costa Casares.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page