top of page

Nace “Silleda Fai”, un certame para dar visibilidade a produtores locais que se estrea o 4 de outubro

A cita será na rúa Cartaxena, con formato de feira na que participarán produtores artesanais e de alimentación do municipio


Laura Moure/Silleda

O vindeiro sábado 4 de outubro, a vila de Silleda converterase nun escaparate do talento e do traballo da súa xente coa celebración de “Silleda Fai”, unha cita na que serán protagonistas produtores locais. Este novo certame terá como escenario a rúa Cartaxena, en horario de 11:00 a 19:00 horas.

A iniciativa reunirá produtores e artesáns do municipio, ofrecendo unha ampla mostra de produtos de alimentación de proximidade, artesanía e benestar. Ademais de mercar directamente aos produtores, o público asistente poderá participar en degustacións gratuítas e en obradoiros abertos, nunha xornada pensada para a aprendizaxe, a convivencia e a promoción e exaltación de productos locais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta feira, o Concello de Silleda busca poñer en valor o traballo dos produtores locais, fomentar o consumo responsable e impulsar a economía de proximidade, ao tempo que ofrece á veciñanza e visitantes un espazo de encontro e dinamización do comercio local. “Queremos que Silleda Fai sexa unha oportunidade para recoñecer o talento da nosa xente e para reforzar a identidade do noso concello como un lugar que apoia o produto local e a creatividade”, sinala a concelleira de Promoción Económica e Axenda 2030, Estefanía Taín.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page