top of page

Nace o ciclo cultural "As mañás en Nugallás" que será en Antas todos os sábados de xullo e agosto

Trátase dunha idea orixinal de Tarabela Creativa que conta co impulso da Deputación de Lugo, unindo esforzos para dinamizar culturalmente a contorna rural e as coordenadas centrais do territorio galego


Laura Moure/Antas de Ulla

A Deputación de Lugo pon en marcha este sábado, 4 de xullo, a iniciativa As mañás en Nugallás, un novo ciclo de actividades que converterá o Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, nun espazo de referencia para o lecer familiar durante os meses de xullo e agosto. Todos os sábados, desde as 10:00 horas, o recinto acollerá unha programación que combina obradoiros participativos arredor da natureza, da sustentabilidade e dos oficios tradicionais con espectáculos de música, teatro e narración oral dirixidos a público de todas as idades. Trátase dunha idea orixinal de Tarabela Creativa que conta co impulso da Deputación de Lugo, unindo esforzos para dinamizar culturalmente a contorna rural e as coordenadas centrais do territorio galego.

Con esta programación, a Deputación de Lugo inicia a actividade estival do Parque Central de Galicia, inaugurado o pasado domingo, dando un novo paso na posta en valor deste espazo. O obxectivo é consolidalo como un lugar de encontro para as familias, combinando natureza, lecer e propostas divulgativas que contribúan a dinamizar o territorio durante todo o ano.


""As mañás en Nugallás" preséntase como o ciclo cultural de referencia para o público

familiar no centro xeográfico de Galicia. Cunha proposta deseñada para compartir en

comunidade, o proxecto nace co obxectivo de concienciar a persoas grandes e

pequenas sobre a importancia do ecosistema local e a posta en valor do entorno,

aprendéndolles a recoñecelo e coidalo dun xeito lúdico e sostible", salienta Tarabela Creativa.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O ciclo arrancará este sábado, 4 de xullo, co obradoiro Mundo Paxaro, unha actividade na que as persoas participantes descubrirán o mundo da ornitoloxía e elaborarán unha caixa niño para aves. A partir das 12:30 horas, o templete do parque acollerá o espectáculo Consertasso na Horta, de Brais das Hortas, primeira das oito propostas escénicas programadas para este verán. Ademais, durante toda a xornada haberá servizo de restauración no recinto.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ao longo das próximas semanas desenvolveranse obradoiros centrados na biodiversidade, na conservación do medio natural e na recuperación de saberes tradicionais, con propostas como Bombas de vida, Xogando miudiño, Laboratorio Verde Ulloa, Xoguetes sonoros, Ei, Carballeira!, Iniciación ao coiro, Bechoconstrución ou Rastro de pegadas de mamíferos. Paralelamente, cada sábado ofrecerase un espectáculo diferente da man de artistas galegos como Iseo A Moura, Henriko, A Cova das Letras, Assircópatas, Marta Ortiz, Fran Rei, Dani García ou Natalia Outeiro "Pajarito".


Os obradoiros darán comezo ás 10:00 horas e os espectáculos celebraranse ás 12:30 horas. As persoas interesadas en participar nas actividades formativas poderán reservar praza a través do correo electrónico cicloculturalnugallas@gmail.com ou do teléfono 680 470 278.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A Deputación de Lugo aposta con esta programación por un modelo de lecer vinculado ao territorio, que promove o coñecemento do patrimonio natural dunha maneira participativa e interxeracional. O Parque Central de Galicia reforza así a súa vocación como un espazo pensado para compartir en familia, descubrir a riqueza ambiental da provincia e dinamizar o centro xeográfico de Galicia a través dunha oferta aberta, gratuíta e de calidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page