Nace en Rodeiro a 1º Xornada sobre a migración que terá lugar o 6 de setembro
- Laura Moure
- hace 3 días
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Rodeiro
Nace en Rodeiro a 1º Xornada sobre a migración en Rodeiro que leva por títualo Raíces e Horizontes. Dita iniciativa está impulsada pola tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura. "Unha xornada que une o social, o cultural e o gastronómico". En palabras de Alberte Lamazares e Xulia Dacal expoñen que o obxectivo "é escoitar e poñer en valor a riqueza que para Rodeiro significaron tanto a emigración pasada como a inmigración presente". Será o 6 de setembro no Parque do Lago.

Programa da xornada
1ª parte – Dinámica participativa
As persoas asistentes participarán nunha dinámica de reflexión colectiva para compartir visións e experiencias arredor da emigración e da inmigración.
2ª parte – Mesa redonda de experiencias persoais
Contará con dous emigrantes de Rodeiro (un que marchou no seu momento a Latinoamérica e outro a Europa), así como con persoas inmigrantes chegadas dende Centroáfrica, Marrocos, Latinoamérica e Oriente Medio.
Publicidade
"Nesta conversa reflexionaremos sobre que motivou a migración onte e hoxe; como foi a chegada e a integración nos diferentes países; as dificultades atopadas e as semellanzas/diferenzas coas persoas que chegan agora ao noso concello. O obxectivo é abrir a mente e demostrar que as diferenzas entre emigrantes e inmigrantes son menores do que ás veces pensamos".
3ª parte – Mesa redonda técnica
Un espazo de análise e debate con profesionais sobre:
O respecto polas persoas, veñan de onde veñan.
O aporte da inmigración en termos económicos, culturais e demográficos.
Os factores que motivan os procesos migratorios e a nosa responsabilidade colectiva fronte a eles.
4ª parte – Peche cultural e gastronómico
Degustación de produtos típicos de diferentes países (Nigeria, Marrocos, Sahara, Colombia, etc.) acompañada dun concerto para celebrar a diversidade e rematar a xornada compartindo festa, música e gastronomía.

"Para finalizar, consideramos importante esta xornada en favor das persoas “daquí e dala”, por varias razóns de fondo social, educativa e política:
1. Sensibilización e educación social
Moitas veces o racismo e a xenofobia nacen da desinformación. É necesario transladar datos reais e desmontar falsos mitos sobre inmigración. Axudar a crear empatía: coñecer historias de vida cambia a mirada.
2. Visibilización positiva
Nesta xornada mostraremos as aportacións positivas: traballo, cultura, innovación, solidariedade. Reforzaremos a idea de que a diversidade é unha riqueza, non unha
ameaza.
3. Defensa de dereitos humanos
As persoasque emigraron e as inmigrantes son suxeitos de dereitos, e non sempre se respectan. A igualdade de dereitos é un principio básico nunha sociedade
democrática.
Publicidade
4. Creación de convivencia
Este será un espazo de encontro entre persoas de distintas orixes. Fomentaremos o diálogo intercultural, reducindo prexuízos e fortalecendo a cohesión social.
5. Fortalecemento comunitario
Ao poñer en valor a diversidade, a comunidade faise máis aberta, solidaria e resiliente fronte aos discursos de odio.
En resumo: esta xornada sera unha ferramenta para educar, integrar e respectar, construíndo unha sociedade máis xusta e inclusiva, e sempre a carón da música e da comida".
Comentarios