top of page

Máis dun cento de veciños participarán na Matanza Tradicional de Lalín

A cita será o 25 de xaneiro na Casona de Mouriscade

Laura Moure/Lalín

O vindeiro domingo 25 de xaneiro a partir das 10:30 horas, a Casona de Mouriscade acollerá unha edición moi especial da Matanza Tradicional de Lalín. Por primeira vez na historia, a organización corre a cargo dunha área parroquial, a da Vía da Prata. As parroquias de Botos, Donsión, A Xesta e Vilanova únense baixo esta denominación común para manter viva unha das nosas tradicións máis senlleiras.

O valor do traballo veciñal

Máis dun cento de veciños e veciñas, coordinados polos seus pedáneos (Luis Rodríguez Rozas, Botos; Antonio Pereiro Estévez, Donsión; Gumersindo Ferradás López, A Xesta; Manuel García Gómez, Vilanova), xa están a traballar arreo. Tras unha reunión xeral o pasado venres 2 de xaneiro no local social de Botos, articulada polo concelleiro José Cuñarro, distribuíronse as tarefas en varios grupos:

  • Elaboración: desde a mata ata a confección dos chourizos.

  • Doces tradicionais: preparación das sobremesas típicas.

  • Oficios artesáns: figuración de ferreiros, costureiras, cesteiros e afiadores.

  • Loxística: acondicionamento da casona e repartición de produtos entre o público.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Este ano, ademais da propia recreación, poderase desfrutar de:

  • Mostra etnográfica.

  • Posta en marcha do forno de leña para elaborar pan artesán no momento.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Como ben sinala o concelleiro José Cuñarro, esta iniciativa "busca dar visibilidade e protagonismo ás nosas áreas parroquiais, o verdadeiro corazón rural de Lalín".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page