top of page

Máis dun 100 de persoas asisten e unha xuntanza en Lalín sobre as liñas de axudas de Acción Comunitaria

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, xunto co alcalde de Lalín deron a coñecer +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria, que se poden solicitar ata o 1 de abril


Laura Moure/Lalín

A Deputación de Pontevedra reúne a máis dun centenar de persoas nunha xuntanza en Lalín para presentar as liñas de axudas provinciais de Acción Comunitaria para este 2026. O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, xunto co alcalde de Lalín, José Crespo, deron a coñecer os recursos e novidades de +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria neste 2026, unhas axudas que se poden solicitar ata o 1 de abril e que ata o de agora beneficiaron xa a 24 entidades da vila.

Tal e como detallou o deputado Javier Tourís, este ano as tres liñas de axudas provinciais dirixidas ao tecido asociativo e movemento veciñal da provincia suman un investimento inicial de 3,2 millóns de euros, o que supón un 20% máis que no 2025. Ao longo destes dous anos de mandato, as axudas de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra beneficiaron a arredor de mil colectivos da provincia entre os que se distribuíron 11,5 millóns de euros.


As liñas de axudas dirixidas ás comunidades de augas, +Aqua e +Novaqua, están dotadas este ano de máis de 1,8 millóns de euros para seguir avanzando na mellora da calidade da auga e das súas instalacións, así como na regularización das traídas. Os 360.000 € de +Novaqua irán dirixidos a regularizar as traídas de augas veciñais, con axudas que ascenden ata os 6.000 euros e permitirán aos colectivos sufragar os custos da redacción do proxecto de legalización e renovación, das analíticas ou dos traballos de topografía, así como os gastos de xestión e tramitación, entre outras cuestións.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


Con preto de 1,5 millóns de euros, +Aqua destinará ata 10.000 € por entidade para instalar ou mellorar as infraestruturas das traídas de augas comunitarias (contadores, canalizacións, redes de distribución, tomas…), así como iniciativas de dixitalización, sostibilidade e eficiencia enerxética que impliquen unha mellora na xestión da auga. Tamén poderán dedicar os recursos da Deputación a financiar sistemas de tratamentos ou da calidade da auga subministrada, ademais de a obras de mellora na captación ou actuacións de impermeabilización, entre outras actuacións.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

No que respecta a Provincia Comunitaria, a liña de axudas dirixida a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais da provincia, o orzamento ascende a preto de 1,5 millóns, tamén con máximo de 10.000 euros por entidade beneficiaria. Neste caso, os colectivos poderán solicitar o financiamento de obras, da adquisición de equipamentos ou dos gastos derivados da xestión e tramitación da subvención e do pago de taxas, así como para traballos de roza e de limpeza de terreos.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Recursos de Acción Comunitaria en Lalín

Ata o de agora foron 24 as entidades de Lalín que se beneficiaron de preto de 300.000 € das liñas de axuda de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra. Por unha banda, a comunidade de usuarios de augas de Zarra de Busto recibiu 10.000 € para instalar dous equipos dosificadores dixitais. Ademais, 23 asociacións  contarán con reto de 290.000 € do programa Provincia Comunitaria para adquirir mobiliario e equipamento, acondicionar palcos, instalar carpas o impulsar proxectos de mellora dos seus locais sociais.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page