top of page

Máis de medio cento de veciños de Touro desfrutan dunha fin de semana de turismo en Cantabria

hace 6 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Touro

Máis de 50 persoas de Touro participaron esta fin de semana na excursión organizada polo Concello, que levou aos participantes ata Cantabria durante os días 2, 3 e 4 de outubro.

A viaxe incluíu, entre outras actividades, unha visita ao Parque da Natureza de Cabárceno, unha das principais referencias turísticas de Cantabria, ademais de diferentes momentos destinados a coñecer a contorna e desfrutar da gastronomía e do lecer.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ao longo destes tres días, os participantes tiveron ocasión de comer, bailar, rir e compartir momentos de convivencia, nunha actividade que combinou turismo e diversión.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Segundo trasladan desde o Concello, a excursión tivo unha moi boa acollida entre os participantes, que regresaron "moi, moi contentos" tras desfrutar dunha fin de semana diferente en compañía.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page