top of page

A Xunta e o Concello de Boimorto executarán obras de mellora na rede de abastecemento en Sendelle

hace 7 minutos
2 min de lectura

Cun prazo de execución de 3 meses e un investimento de 40.568 € achegados integramente pola Consellería, os traballos inclúen a renovación de 715 metros de condución, a colocación dunha válvula de comporta e a execución de 9 acometidas


Laura Moure/Boimorto

A Xunta de Galicia e o Concello de Boimorto colaborarán na execución dunhas obras de mellora na rede de abastecemento municipal co obxectivo de ofrecer un servizo máis eficiente e con garantías de continuidade á parroquia de Sendelle. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, María Jesús Novo, asinaron este sábado o convenio de colaboración que permitirá levar a cabo esta actuación, cun investimento de 40.568,83 euros, financiado integramente por Augas de Galicia, e de cuxa execución se encargará o Goberno local.

A intervención inclúe distintas actuacións que permitirán renovar e modernizar o ramal que abastece aos lugares de O Piñeiro, O Marco de Arriba, O Vilar, Sande e O Marco de Abaixo, onde hai 51 vivendas e unha poboación de arredor de 70 persoas.


Tal e como salientou Ángeles Vázquez, as obras permitirán resolver as incidencias causadas polo deterioro deste tramo da condución, destacando a importancia da súa execución para a veciñanza da zona xa que verá reforzada a calidade do servizo recibido. Neste sentido, explicou que obxectivo é reforzar a fiabilidade da rede, reducir as perdas de auga por fugas e as interrupcións ocasionais, asegurar unhas condicións axeitadas de presión e a continuidade do subministro, así como reducir as necesidades de mantemento.

Cun prazo de execución previsto de 3 meses, desde o punto de vista técnico os traballos inclúen a renovación de 715 metros de condución, a colocación dunha válvula de comporta e a execución de 9 acometidas novas. Para completar esta actuación, será necesario tamén executar un cruce na estrada provincial CP-062 así como repoñer os pavimentos e superficies que resulten afectados polas obras.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así mesmo, a responsable autonómica destacou que con este tipo de convenios a Xunta continúa apostando por brindar o seu apoio e colaboración aos concellos na execución de infraestruturas hidráulicas, contribuíndo a mellorar a calidade de vida da veciñanza, a protexer o medio ambiente e a garantir servizos públicos esenciais como son o abastecemento e a depuración, aínda que se trate de competencias municipais.


Por último, lembrou que esta actuación se enmarca tamén na estratexia que desenvolve a súa Consellería, a través de Augas de Galicia, para reforzar os servizos básicos hidráulicos no rural mediante o deseño e execución directa de actuacións adaptadas á realidade dos concellos de menor tamaño e á dispersión que caracteriza o territorio galego, que concentra a metade dos núcleos de poboación de toda España.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

En concreto, son algo máis dunha trintena de intervencións en materia de abastecemento, saneamento e depuración, cun investimento global de preto de 28 millóns de euros e que beneficiarán a unha poboación de referencia de arredor de 65.000 persoas residentes en núcleos rurais de diferentes puntos de Galicia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page