top of page

Máis de 80 nenos e nenas participan dende hoxe no DeporCampus Cabreiroá na Gandareira, en Silleda

As actividades desenvolveránse ata o vindeiro venres


Laura Moure/Silleda

O municipio de Silleda acolle dende hoxe unha nova edición do DeporCampus Cabreiroá, impulsado pola Fundación RC Deportivo da Coruña. Máis de 80 nenos e nenas do municipio, de 6 a 14 anos, participarán ata o vindeiro venres nas actividades deste campamento deportivo, baixo a dirección de 6 monitores do clube. Esta sexta edición estase a desenvolver no campo municipal da Gandareira, na Bandeira.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende o Concello de Silleda, que colabora ca actividade e o RC Deportivo destácase o grande éxito desta iniciativa, que vén aumentando a participación ano tras ano. As actividades teñen lugar en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello de Silleda agradécese á Fundación RC Deportivo que continúen apostando polo municipio con esta actividade, que se celebra dende o ano 2019 nos campos municipais silledenses da Gandareira e Outeiriño-Joselu Mato.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page