top of page

Máis de 40 municipios de Galicia, entre eles Lalín, impulsan unha nova visión dos espazos verdes

A oitava edición do movemento Vilas en Flor Galicia suma a un total de 41 concellos

adscritos das catro provincias


Laura Moure/Lalín

O movemento Vilas en Flor 2025 volve facer visible a súa actividade coas visitas de avaliación aos 41 municipios galegos que este ano aspiran a recibir as Flores de Honra (ata un máximo de cinco). Este é o galardón co que o programa recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna seguindo a estela doutros similares xa en funcionamiento en Aragón, Canarias, Cataluña e Valencia ou países como Francia (baixo o nome Villes et Villages Fleuris), Italia (Comuni Fioriti), Reino Unido (Britain in Bloom), Irlanda (Tidy Towns) ou Canadá (Communities in Bloom).


Por provincias, na Coruña hai 13 concellos adscritos; 20 en Pontevedra; 2 en Lugo e 6 en

Ourense co denominador común de que todos eles teñen menos de 40.000 habitantes:

Visita dos expertos en Caldas de Reis.
Visita dos expertos en Caldas de Reis.

Provincia da Coruña (13): Abegondo, Arteixo, Carballo, Culleredo, Curtis, A Laracha, Oza-Cesuras, Ponteceso, As Pontes, Sada, San Sadurniño, As Somozas e Vimianzo.

• Provincia de Pontevedra (20): As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, A Estrada, A

Guarda, Lalín, Marín, Mondariz, Mondariz Balneario, Mos, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Covelo, Tomiño, Sanxenxo, Tui e Villagarcía.

• Provincia de Lugo (2): Chantada e Sarria.

• Provincia de Ourense (6): Allariz, O Carballiño, Leiro, Manzaneda, A Pobra de Trives, e San Xoan de Río.


O movemento Vilas en Flor está promovido en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor (Asociación de Viveristas del Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería). Nesta edición, volve contar co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio, así como de empresas do sector ambiental como son Husqvarna, Makita e Rain Bird.


A entrega dos galardóns Vilas en Flor 2025 terá lugar o venres, 14 de novembro (11:00 horas) en Carballo (A Coruña), que o ano pasado conseguiu catro Flores de Honra.


O equipo de expertos percorre Galicia

O equipo de expertos voluntarios xa está a recorrer Galicia para valorar o traballo realizado

durante o ano pasado polos gobernos municipais para continuar mellorando a xestión dos seus espazos verdes tendo en conta os aspectos contemplados nas bases. Estos son, entre outros, o coidado do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade; o uso social e as sinerxías coa actividade turística.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

EXPERTOS INTEGRANTES DO XURADO

• María Isabel Iglesias Díaz. Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular na Escola

Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.

• Carlos Cárcamo Álvarez. Enxeñeiro técnico agrícola municipal do Concello de Ourense.

• María Natividad Gilsanz Mosquera. Bióloga. Técnica de Medio Ambiente, Concello de Ferrol.

• Camino Nicolás Velado. Enxeñeira de Montes e Enxeñeira Técnica Agrícola. Directora do

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (AGACAL).

• Silvia V. Caffaro. Doutora Enxeñeira Agrónoma. Empresa: Viveros Florgalicia S.L.

• Xurxo Xoán González Conde. Administrador de Viveiros Adoa. Xubilado.

• Francisco J. González Abuín. Enxeñeiro técnico. agrícola. Experto en xestión de espazos

verdes.

• Manuel Torres Lavandeira. Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Profesor titular na Escola Politécnica

Superior da Universidade de Santiago de Compostela.

• Manuel Rodilla del Barrio. Arquitecto técnico. Xubilado.

• José Antonio Rivas Paz. Enxeñeiro agrónomo. Xerente da Fundación de Enxeñaría

Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia.

• Amancio Lavandeira. Enxeñeiro técnico agrícola. Profesor no ciclo superior de Paisaxismo e

Medio Rural en Fonteboa.

• Ana García Giraut. Enxeñeira técnica agrícola. Experta en xestión de espazos verdes.

• Gaspar Bernárdez Villegas. Doutor en Investigación Agraria e Forestal. Arborista na Estación

Fitopatolóxica Areeiro, Deputación de Pontevedra.

• Manuel Fontán Espiño. Propietario do centro de xardinaría Xesteiriña en Sanxenxo e da

empresa Xenebro Xardín no Grove ata a súa xubilación.

• Francisco Rodríguez Trinidad. Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Xerente de Técnica

Arbórea Galega - Artec. Especialista en arboricultura.

• Jorge Prieto Sevilla. Enxeñeiro Agrónomo. Experto en xestión de espazos verdes.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page