top of page

Máis de 40.000 euros para rehabilitar os baños de Brandelos, en Touro

Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro somete a contratación as obras de rehabilitación integral dos Baños de Brandelos, famosos polas súas augas sulfurosas.

Estes baños viron pasar a xeracións da contorna que acudían aquí a “tomar os baños” ou “tomar as augas”. A pesares de varias reformas, na actualidade levan anos en estado inutilizable; habendo veciñanza que reclamaba a súa posta en uso. Esta actuación, que supón ademais da recuperación dun ben patrimonial, permitirá poñer os baños para uso da veciñanza como balneario (tomar os baños) igual que antigamente, pero atendendo ás necesidades e comodidades dos tempos actuais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Constitúe tamén un recurso turístico relevante asentado no entorno privilexiado da carballeira do mesmo nome.


As obras teñen un importe de 41.180 euros e están financiadas en parte por Turismo de Galicia a través do programa de axudas a infraestruturas turísticas.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page