top of page

Máis de 350 persoas asistarán hoxe ao xantar popular da Festa das Xeracións de Rodeiro

Esta cita volve despois de 10 anos


Laura Moure/Rodeiro

Este sábado 27 de abril volve a celebrarse a Festa das Xeracións en Rodeiro 10 anos despois da súa última edición. Espérase unha gran afluencia (máis de 350 personas para o xantar popular) e un fantástico ambiente entre os veciños de Rodeiro e achegados.


A xornada dará comenzo ás 13:00 horas co inicio do vermú, o cal estará amenizado polos

Varacuncas de Rodeiro. O xantar iniciarase sobre as 15:00 horas, prolongándose ata ás 18.00 horas, hora a cal se empezarán cos famoso xogos populares que sempre caracterizaron esta festa.

DJ Marcos Fernández será o encargado de dinámizar estes xogos exercendo de speaker. Para as 20:00 horas está prevista a actuación da Mekanika Rolling Band, e finalmente DJ

Marcos Fenández será o encargado de poñer o broche final á festa.


Publicidade

O lugar da celebración será o aparcadoiro ao carón da Rúa Gumersindo Areán, a cal

contará con varias carpas a disposición para contrarestar as posibles inclemencias

meteorolóxicas. "Animamos a todo o mundo que se acerque a desfrutar de moita música,

diversión e sobretodo bo ambiente!", sinala a Asociación Mocidade Kambota, a organizadora do evento.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page