top of page

Máis de 1.000 atletas participarán o 20 de xuño na media maratón "Os 21 do Camiño" Palas-Melide

Laura Moure/Palas de Rei

Onte o salón de Plenos da Casa Consistorial de Palas de Rei acolleu o acto de presentación da media maratón "Os 21 do Camiño" Palas - Melide, considerada unha das mellores probas deportivas do seu estilo polas revistas especilizadas. Este ano, o evento deportivo chega a súa XII edición e celébrase o próximo sábado, 20 de xuño, entre Palas de Melide.

O acto contou coa presencia de representantes de ambas localidades ademais dos responsables da organización da proba deportiva A Asociación Deportiva Cerne. A proba segue o percorrido habitual de anos anteriores, con saída de Palas de Rei ata Ponte Roxán, entrando no Camiño de Santiago ata Melide onde está a liña de meta dos corredores. O percorrido que combina asfalto e terra sendo está última a de máis presenza.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os participantes contarán con varios puntos de avituallamento, con bebidas e alimentos sólidos, ao longo do recorrido e ao chegar a meta. Tamén a organización dispón, para convatir o calor e as altas temperaturas, dun punto a maiores de avituallamento e mangueiras para regar ó longo do recorrido.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Máis de 1.000 atletas participaran este sábado na proba entre Palas e Melide, dos cales máis de 900 corredores están inscritos para a proba dos 21 quilómetros; mentres que para a distancia curta de 6 kilómetros hai 225 inscritos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page