Motorista ferido tras unha caída na localidade de Lalín
- IsmaelRS

- 17 jun 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Lalín

Temos que dar conta dun accidente na localidade de Lalín, sobre as 11:30 desta mañá. Nel só se viu implicado un motorista, que caeu accidentalmente, nas inmediacións da rotonda xunto ao Bar A Solaina, na N-525.
A voz de alarma deuna un particular que pasaba nese momento pola zona, segundo comentan fontes oficiais.
Con estes datos, 112 Emerxencias puxo estes feitos en coñecemento dos Servizos Sanitarios, Garda Civil de Tráfico e do Equipo Municipal de Protección Civil.
A última información coa que contamos o respecto, indícannos que non foi necesario o traslado do ferido, o cal só sufriu feridas leves, segundo confirmou o 112 a este medio.







Comentarios