Morren uns 80 porcos en Rodeiro tras envorcar o camión que os transportaba
- ecosdacomarca
- 19 may
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
As últimas 24 horas foron tráxicas en Rodeiro, xa que morreron un cento de animais de xeito tráxico. Onte, domingo, máis dunha vintena de vacas, morreron a causa dun raio e hoxe, luns, uns 80 porcos morreron tras envorcar o camión que os transportaba.

O primeiro suceso, ocorreu no lugar de Quintá, na parroquia de Santa Mariña de Pescoso. Máis información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-raio-mata-a-22-vacas-en-rodeiro
Publicidade
Mentres, un camión que transportaba porcos saíuse da vía e quedou medio envorcado no lugar de Rañestras, na parroquia de Álceme. Sucedeu hoxe á mañá, e os porcos eran dunha granxa dese mesmo lugar.
O propietario dos mesmos, indicounos que morreron uns 80 e que se salvaron algo máis de 100.
Comments