Morre un home en Mesía tras recibir un disparo de arma de fogo
- ecosdacomarca

- 11 ago
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un home faleceu onte, domingo, na parroquia de Visantoña, no concello de Mesía (A Coruña), por un disparo de arma de fogo, tal e como informa a Comandancia da Garda Civil da Coruña.

Publicidade
O 112 Galicia foi alertado onte ás 17:10 horas. Ao lugar acudiu un helicóptero medicalizado, pero xa non se puido facer nada pola vítima.
Publicidade
Onte xa se levou a cabo a inspección ocular por parte do Equipo de criminalística da Comandancia da Gardia Civil e a investigación, que está baixo secreto de sumario, lévaa a cabo o equipo da Policía Xudicial de Santiago.








Comentarios