Monterroso prepárase para celebrar 6 días de festas do San Miguel cun amplo programa de actividades
Arrancarán mañá, 25 de setembro, cunha paellada
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso xa ten preparado o programa das festas de San Miguel 2026, que se desenvolverán entre o venres 25 e o mércores 30 de setembro cunha programación que combina música, verbena, actividades culturais e deportivas.

As celebracións arrancarán mañá, venres 25 de setembro, ás 22:00 horas, cunha paellada con DJ's, patrocinada pola SD Monterroso e o Bar Trasnos. É necesario anotarse no 652 474 560.
O sábado 26 estará marcado polo deporte e a música. Ás 18:00 horas disputarase o encontro entre a SD Monterroso B e a SD Rubián e, pola noite, haberá unha ruta de bares polas charangas, con Son de Ladra e Os Jalácticos. Ás 21:00 horas actuará Pregón e, posteriormente, ás 22:30 horas, será a quenda de Charangas (Templete) e Grupo Horizon The Show.
PUBLICIDADE
A programación continuará o domingo 27, con pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Falcatrueiros e a Banda de Música de Agolada. Ás 12:00 horas terá lugar a misa solemne e ás 17:45 horas o partido entre a SD Monterroso e a UD Folgueiro. A partir das 18:00 horas haberá inchables gratuítos no Espazo Lorenzo Varela e, pola noite, Son de Festa con DJ's.
O luns 28 a programación estará protagonizada polo Dúo D13 e a orquestra Compostela.

Xa o martes 29, festividade de San Miguel, haberá pasarrúas dos Falcatrueiros e a Banda de Música de Antas de Ulla, misa solemne cantada pola Coral Polifónica Ecos de Ulla, concertos da banda e unha nova cita deportiva entre a SD Monterroso e os Internos do Centro Penitenciario, dentro do Campionato 2026 de Intercentros. A xornada culminará coa actuación do Dúo Trasnos e a orquestra El Combo Dominicano e, ás 00:00 horas, terá lugar unha sesión de fogos artificiais, seguida de moita música.
PUBLICIDADE
As festas pecharanse o mércores 30 de setembro coa actuación da orquestra Channel.
Un programa que volverá encher as rúas de Monterroso de música e actividade durante seis días de celebracións. "Convidámosvos a achegarvos a Monterroso e gozar das Festas de San Miguel!", sinala o Concello.









Comentarios