Monterroso festexa as Letras Galegas!
- ecosdacomarca
- hace 10 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso celebrou as Letras Galegas cun completo programa de actos, que se levaron a cabo este sábado, coincidindo co Día 17 de Maio.

Ás 11:00 horas no Centro Sociocultural tivo lugar a presentación do libro 'As feiras de Monterroso e outras lembranzas' de Pablo Pérez Álvarez. Estivo acompañado por María José Alvite e polo rexedor de Monterroso, Eloy Pérez.
Publicidade
De seguido, celebrouse a I edición do Letras Galegas Miúdas, un recital de poemas a cargo dalgúns dos nenos e nenas do Colexio de Monterroso.
Publicidade
Ás 12:30 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela fíxose unha ofrenda floral ante a estatua de Lorenzo Varela e houbo unha actuación do grupo de cantareiras da Asociación Sociocultural Falcatrueiros. A clausura dos actos correu a cargo do alcalde, Eloy Pérez.
Comments