Moitos disfraces na II San Silvestres do Pino, que gañaron Iago Mateos e Ainhoa Reboiras
- Laura Moure

- 30 dic 2025
- 2 Min. de lectura
Os premios aos mellores disfraces de grupo foron para ‘Ferrero Rocher’ e ‘Papá Noel cos seus renos’, na categoría de maiores; e para as ‘Uvas de fin de ano’ na infantil
Laura Moure/O Pino
Moitos disfraces e un grande ambiente na segunda edición da San Silvestres do Pino, que gañaron Iago Mateos Calviño e Ainhoa Rebores Bustelo na categoría absoluta. Máis de 150 atletas participaron nas diferentes categorías desta proba organizada este sábado, 27 de decembro, polo Concello en colaboración co Club Atletismo O Pino. O público gozou vendo os disfraces de moitas das persoas participantes de todas as idades.

Un grupo de dez atletas do C.A. Tambre achegáronse caracterizados dos bombóns Ferrero Rocher, que lles serviu para gañar o primeiro premio. Despois dunha difícil deliberación o xurado decidiu concederlle o segundo galardón nesta categoría ao Papá Noel que percorreu os catro quilómetros da proba absoluta acompañado por sete renos.
O mellor grupo na categoría infantil foi para as Uvas de fin de ano, mentres que no concurso individual o Pitufo voador gañou na categoría de maiores e a súa filla, disfrazada
de Mamá Noel, levou o primeiro premio na infantil.
Publicidade
Ademais do aplauso do público, cada unha das persoas gañadoras no concurso de disfraces recibiron como agasallo un vale cun 20% de desconto para unha comida no restaurante Sabugueira Madalena, de Castrofeito.
Despois de disputarse as probas das categorías escolares, na que todos os participantes
levaron unha medalla como recordo, celebrouse aproba absoluta, cun percorrido de catro
quilómetros. Iago Mateos Calviñ foi o primeiro en cruzar a liña de meta, seguido de Mauro
Fuentes e Matías Cao Blanco. Entre as mulleres, as máis rápidas foron Ainhoa Reboiras
Bustelo, Noa López Novo e Margarita González García, as tres do Atletismo Obradoiro.
Publicidade
Ao rematar, todas as persoas participantes degustaron un chocolate con churros.
Entregaron os premios o alcalde, Manuel Taboada; e os integrantes do equipo de goberno
Borja Castro, Eva Varela e José Fuentes.








Comentarios