Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias da vila, celebrou unha nova Feira de Oportunidades, que tivo lugar o venres e onte, sábado.
Os e as comerciantes, tal e como indica o Concello, destacan o bo ambiente que houbo na vila ao longo dos dous días e alta demanda rexistrada.
Publicidade
Publicidade
O equipo de Goberno, co alcalde á cabeza, Eloy Pérez, fixo onte unha visita por algúns dos comercios participantes, un total de 13.
Publicidade
O luns levarase a cabo un sorteo de 480 euros en vales de compra entre os locais participantes para canxear neses mesmos comercios.
Publicidade
O espectáculo de Lilicleta Disco Móbil percorreu as rúas durante a mañá para acompañar as compras.
Comments