Mobilizado o helicóptero do 061 a Arzúa por un incidente cun tractor
- ecosdacomarca

- hace 12 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Este martes o 112 Galicia mobilizou ao helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago ata o municipio de Arzúa debido a un incidente cun tractor.

PUBLICIDADE
Un particular alertou ao 112 preto das sete e media da tarde onde indicaba que unha persoa recibiu un golpe na cabeza contra un tractor, pero que estaba consciente. O 112 non tiña máis datos de como ocorreu exactamente o incidente.
PUBLICIDADE
O suceso ocorreu no lugar do Coto na parroquia de Branzá. Ademais do helicóptero tamén se mobilizou a Protección Civil desta localidade. O 112 Galicia indicou que a persoa estaba liberada. De momento, non transcenderon máis datos.








Comentarios