top of page

Miolos de Fume organiza para o 5 de agosto a súa XVI edición do Rali de Carretillas de Cruces

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ademais das carreiras, a organización agarda que haxa un novo impulso ás carretillas artísticas e customizadas que coma sempre estarán expostas na praza


Laura Moure/Vila de Cruces

A Asociación Cultural Miolos de Fume presenta un ano máis o seu Rali de Carretillas de Vila de Cruces que xa celebra a súa XVI edición. A cita será o 5 de agosto dende as 17:30 horas, encadrado nas festas da Piedade de Vila de Cruces e tendo saída dende a Praza Paco Lareo. A competición estará amenizada pola música da charanga Os Kokakolas.

O Rali contará de novo coas típicas tres probas, empezando pola de velocidade que terá lugar na xa oficial ‘Costa das Carretillas’ que corre paralela ao Parque da Residencia, seguindo coa proba de forza no Colexio a Nosa Señora da Piedade que se caracteriza polo famoso foso de auga, e finalizando coa de habilidade fronte á igreza na que se pretende incluir pequenos cambios.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais das carreiras, a organización agarda que haxa un novo impulso ás carretillas artísticas e customizadas que coma sempre estarán expostas na praza dende a chegada dos participantes. Dentro da carreira, aqueles que traian a súa carretillas customizadas recibirán unha bonificación de tempo.


Premios En canto aos premios, coma sempre a organización contará con trofeos especialmente creados para esta edición para os tres primeiros clasificados, así coma para a mellor escudería ou carretilla que pode ser escollida tanto entre os corredores coma entre as carretillas artísticas. Os gañadores do rali levarán ademais o gran trofeo cos nomes de todos os gañadores e estará na súa posesión ata o vindeiro ano.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A organización do Rali conta coa axuda dunha nova figura nomeada ‘Amigos da Carretilla’ que abarca a toda aquela persoa allea a Miolos de Fume que traballa para que o Rali poida seguir celebrándose un ano máis. Ademais dos organizadores, o rali conta coa colaboración do Concello de Vila de Cruces, ademais de estar á espera de confirmar a colaboración das empresas de bebidas que acostuman a patrocinalo, mentres que o trofeo será fabricado pola empresa Pegatinas en conxunto con Angrois Deseño, quen tamén creou o poster e se encarga do resto de pezas gráficas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nas contas de Facebook e o Instagram de nova creación seguirán publicando novas sobre o Rali, así coma concursos e produtos para comprar como a xa tradicional camisola desta competición. "Sen máis, só recordar que só necesitas unha carretilla para ser feliz!", destaca Miolos de Fume.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page