top of page

Mina Touro O Pino Non fala da carreira de obstáculos para ser persoa interesada nun proxecto industrial

Analiza a resolución que publicou esta semana a Xunta de Galicia para que as persoas físicas e xurídicas poidan personarse para ser recoñecidas como parte interesada ante un proxecto industrial estratéxico


Ecos da Comarca/Touro/O Pino

A Asociación Ambiental e Cultural Plataforma Mina Touro O Pino Non analiza a resolución que publicou esta semana a Xunta de Galicia para que as persoas físicas e xurídicas poidan personarse para ser recoñecidas como parte interesada ante un proxecto industrial estratéxico.

Touro terras que se verían afectadas polo proxecto mineiro ao lado das vivendas deArinteiro, onde se proxectaría unha enorme balsa de residuos. Imaxe Plataforma Mina Touro Non.
Touro terras que se verían afectadas polo proxecto mineiro ao lado das vivendas deArinteiro, onde se proxectaría unha enorme balsa de residuos. Imaxe Plataforma Mina Touro Non.

A lei outorga ás persoas e colectivos de carácter ambiental o dereito a personarse en proxectos que poidan considerar lesivos para os seus intereses lexítimos, individuais ou colectivos e poidan resultar afectados pola resolución que se emita. "Parece obvio e debería ser sinxelo poder recoñecer ese dereito. A realidade, é que cando unha persoa ou colectivo solicita ser parte interesada nun proxecto industrial calificado estratéxico polo Goberno, ten que arremangarse para unha carreira de obstáculos, para o silencio administrativo e as trabas burocráticas como denominador común", lamenta esta plataforma.


"Nos concellos de Touro e O Pino somos ben coñecedores desta anomalía burocrática despois de nove anos solicitando que se nos teña en conta, que se nos recoñeza como parte interesada nos procedementos que teñen que ver co proxecto mineiro. Actualmente, despois de máis dun ano de rematado o prazo para presentar alegacións, nas que xa se solicitada a petición de ser tidos en conta como persoas interesadas, a situación é que non facemos máis que responder, unha e outra vez, ás cartas que nos chegan dende o

departamento de minas para demostrar que podemos ser consideradas persoas interesadas, sin que se obteña ningunha resposta. Algunhas persoas xa recibiron tres peticións idénticas para que acredite a sua condición de persoa interesada, por correo certificado, por sede electrónica e por correo ordinario, nos últimos doce meses, pero ningunha resposta de volta unha vez presentados os motivos".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Por se non fora suficiente, apunta, estes días publícase no Diario Oficial de Galicia 1 unha resolución que fai pública as indicacións que deben serguir as persoas e colectivos que queiran personarse como parte interesada. "Un formulario, básico si, pero que para quen non estea moi habituado, non sepa, non poida ou non teña os medios, para quen lle pase inadvertida esta comunicación vía DOGA porque non é que estemos todo o día pendentes do que conta, para quen xa respondeu as peticións reiteradas e teña a duda de si volver a facelo non ben máis que a sementar outra pedra máis no camiño á transparencia e bo goberno".


É posible que esta táctica, considera a asociación, "non sea máis que unha fórmula para ir anulando interesados polo camiño que permita pensar que a oposición é menor, ou o interés menor. Dende o colectivo Mina Touro O Pino Non, continuamos facilitanto a labor que outros queren complicar, e poñemos a disposición unhas indicacións de cómo realizar os trámites con ese novo formulario"

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ao mesmo tempo pide ao Departamento de Minas, que está a tramitar o PIE do proxecto da mina de Touro, que respondan as peticións xa enviadas e se recoñezan as personacións xa presentadas ata o momento das persoas propietarias de terras afectadas, da poboación residentes nos concellos afectados e das asociacións ambientais. " Ao mesmo tempo pedimos que sean os concellos quen colaboren en facilitar o rexistro deste novo formulario á poboación que queira presentalo. Non resulta comprensible que unha Administración requira unha e outra vez á cidadanía que demostre uns feitos, dos que xa é coñecedora e ten documentados atendendo aos principios de eficacia, eficiencia e atención á cidadanía que a deben guiar".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page