Terá lugar do 17 ó 21 de xullo na parroquia cruceña de Merza
Laura Moure/Vila de Cruces
A organización do Merzapercusión anuncia a primeira edición do Merzadrums, un curso intensivo de baterÃa que terá lugar do 17 ó 21 de xullo en Merza, un enclave natural único no concello de Vila de Cruces.
O Merzadrums desenvólvese no marco da decimonovena edición do Merzapercusión, un
dos cursos de percusión máis lonxevos do panorama nacional. Está deseñado para ofrecer ós participantes a oportunidade de tomar parte en clases maxistrais, talleres
prácticos e sesións de jam con recoñecidos bateristas como Borja Barrueta, Dani
DomÃnguez, Pepelu Blanco, entre outros.
Publicidade
Ademais das clases e talleres, o Merzadrums tamén ofrece unha variedade de actividades e concertos durante as catro xornadas que dura o curso. A contorna natural onde se celebra este evento ofrece, ademais, a posibilidade de gozar de paseos pola natureza e
excelente gastronomÃa.
As inscricións para o Merzadrums xa están abertas e pódense realizar na web