Merza Percusión continúa coa modalidade Merza Avanzado, do 18 ao 22 de xuño
- Laura Moure

- 20 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Vila de Cruces
O curso Merza Percusión 2025, que se celebra do 13 ao 22 de xuño nesta parroquia cruceña, continúa esta semana cun novo bloque formativo: Merza Avanzado, unha modalidade centrada na percusión orquestral e solista, que se desenvolve entre o 18 e o 22 de xuño e conta coa participación de 30 alumnos procedentes de diferentes puntos do Estado.

A modalidade está pensada para estudantes de 5º e 6º de grao medio, grao superior, posgrao e máster, así como para persoas xa tituladas que buscan continuar a súa formación especializada. O curso ofrece unha programación intensiva para percusionistas de nivel avanzado, con profesorado de prestixio internacional e contrastado recoñecemento pedagóxico.
Publicidade
Equipo docente desta edición:
• Nick Woud | Timbais
Ex-timbaleiro da Royal Concertgebouw Orchestra e profesor no Conservatorium van Amsterdam. É unha das figuras de referencia mundial na docencia deste instrumento.
• Marta Klimasara | Repertorio solista
Profesora no Conservatorio de Stuttgart desde 2004 e gañadora do Concurso ARD en 2001. Desenvolve unha ampla carreira internacional como solista e é artista Malletech.
• Noè Rodrigo | Repertorio solista
Percusionista especializado en música contemporánea, membro do Asko|Schönberg Ensemble e director artístico do Arxis Ensemble. Catedrático interino no CSM de Castela e León.
• Héctor Marqués | Repertorio orquestral e caixa
Solista da Euskadiko Orkestra e profesor no CSMA. Fundador da Alma Mahler Kammerorchester e colaborador habitual con diversas formacións europeas.
Obradoiros temáticos e clases maxistrais:
• Ton Risco: Rudimentos da improvisación nas láminas
• Paula Pinero: O mundo da percusión antiga
• Lucía Carro: Taller de Técnica Alexander
• Andrés Rivero: Taller de batucada
• Alberto Rodríguez: Clase maxistral de pequena percusión orquestral
Publicidade
As sesións técnicas e seccionais de orquestra estarán a cargo de Actea Jiménez, Sabela Castro, Alberto Rodríguez e Irene Rodríguez.
Con esta proposta, Merza Percusión reafirma o seu compromiso cunha formación de calidade, diversa e especializada, consolidándose como unha das citas referenciais da percusión a nivel galego e estatal.








Comentarios