Hoxe, venres, celébrase un gran sorteo
Laura Moure/Silleda
A Federación de Comercio de Pontevedra anuncia dentro da organización da edición de este ano 2023 da campaña “Mercar no teu comercio ten premio” un sorteo de premios que terá lugar mañá, venres 21, en Silleda. Será ás 20:30 horas na Praza Juan Salgueiro. Esta campaña realizada en colaboración coa Federación Galega de Comercio e coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia pretende a dinamización do comercio de proximidade a través de compras directas nos comercios de nove vilas da provincia de Pontevedra durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2023.
Publicidade
A mecánica da campaña consistirá en que aqueles participantes que efectúen compras superiores a 10 euros nos comercios asociados poderán acumular os seus tickets durante os días Luns a Venres para participar nun sorteo que se celebrará na hora indicada.
Mil euros
Efecturarse este acto o día final que se dedica a esta localidade para o depósito de ditos tickets en urna e posterior sorteo dos gañadores que obterán tarxetas regalo para consumir tamén en ditos comercios asociados. Así repartiranse un total de 1.000 euros por localidade repartidos en 20 tarxetas de 30 euros e 8 tarjetas de 50 euros
Mañá está confirmada a presencia das siguientes autoridades:
- Director Xeral Comercio / Xunta de Galicia: Manuel Heredia
- Presidente Federación Gallega de Comercio: José María Seijas
- Presidente Federación de Comercio de Pontevedra: Iván Iglesias
- Alcaldesa (en funciones) de Silleda: Mónica González
- Concejala de Promoción Económica de Silleda: Paula Fernández
- Presidenta ECOS – Asociación Comerciantes Silleda: Silvia López
コメント