top of page

Mercar en Melide entre o 16 e o 23 de novembro ten premio!

Repartiranse 1.000 euros en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir comprando no comercio desta vila


Laura Moure/Melide

Mercar no comercio de Melide entre o 16 e o 23 de novembro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir mercando no comercio desta vila. A Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM), poñen en marcha a campaña de dinamización Mercar no teu comercio ten premio.

Así, todos os clientes de Melide que realicen compras no comercio de proximidade entre o 16 e o 23 de novembro, poden participar no sorteo en directo que se celebrará o mércores 23 de novembro, ás 13.00 horas no Cantón de San Roque. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 10:00 horas nesta mesma ubicación.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A campaña Mercar no teu comercio ten premio, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre outubro e novembro nun total de 10 localidades da provincia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page