Merca en Monterroso repartirá un total de 960 euros en premios para canxear nos negocios participantes
Os establecementos que queiran participar nesta iniciativa teñen de prazo para anotarse ata o 20 de novembro
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de comercios da vila, convoca e participa na organización do evento Merca en Monterroso, Nadal 2026 entre os días 1 de decembro de 2026 e 6 de xaneiro de 2027, co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

O Concello de Monterroso fará dous sorteos de 480 euros cada un repartidos en vales de compra nos negocios participantes. O importe máximo dos vales será de 30 euros. Vanse repartir un total de 960 euros en premios para canxear nos negocios participantes.
PUBLICIDADE
Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 20 de novembro, por Whatsapp no teléfono da traballadora de cultura ou no Espazo Cultural Lorenzo Varela. Terá que haber un número mínimo de 12 negocios participantes para realizar a actividade.
Os sorteos realizaranse os días 23 de decembro e 7 de xaneiro ás 11:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e serán retransmitidos polas redes sociais municipais.
PUBLICIDADE
Bases:









Comentarios