Liberado un traballador en Monterroso ao que lle quedou o brazo atrapado nunha máquina
Ecos da Comarca/Monterroso
Minutos despois das 2 horas deste mércores, o 112 Galicia recibiu o aviso dun traballador de limpeza ao que lle quedara o brazo atrapado nunha máquina nunha fábrica de castañas situada na travesía de Tralocastro, en Esporiz (Monterroso).

PUBLICIDADE
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e o GES de Monterroso. Os Bombeiros de Chantada foron alertados, mais finalmente non foi necesaria a súa intervención.
PUBLICIDADE
Os efectivos do GES fixeron uso dunha radial para cortar parte da máquina e liberar ao ferido, que foi evacuado consciente en ambulancia.









Comentarios