top of page

Medio Rural destaca en Monterroso a potencialidade da produción de castaña en Galicia

hace 31 minutos
1 min de lectura

A conselleira María José Gómez visitou as instalacións de Alibós Galicia, neste concello, á que sinalou como todo un referente no procesamento deste froito na nosa comunidade


Laura Moure/Monterroso

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou onte a potencialidade de Galicia no sector da castaña, tanto na súa produción como na transformación. Fíxoo durante unha visita ás instalacións da empresa Alibós Galicia, no concello de Monterroso, á que sinalou "como todo un referente no procesamento deste froito na nosa comunidade, o que contribúe de forma significativa á xeración de valor engadido".

Neste sentido, Gómez destacou nesta visita, na que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, a importancia de

potenciar a transformación e a comercialización dos produtos agroalimentarios. Así, fixo

referencia á liña de achegas específica impulsada con este obxectivo, das cales foi

beneficiaria Alibós Galicia.

 PUBLICIDADE

María José Gómez destacou tamén a importante capacidade produtiva da empresa lucense e puxo en valor a súa orientación internacional, xa que arredor do 92 % das súas

vendas están destinadas á exportación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

IXP Castaña de Galicia

A conselleira lembrou que Galicia é a única comunidade autónoma que conta cun selo de

calidade específico para este froito, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de

Galicia; o que pon de relevo a importancia desta produción. Gómez sinalou que este

distintivo está constituído como unha ferramenta de diferenciación, que garante a

trazabilidade e a calidade do produto final.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page