top of page

Melloras no centro de Medelo, en Silleda, cos fondos do 0,7% IRPF

Laura Moure/Silleda

O centro de atención diúrna que COGAMI ten en Medelo (Silleda) vén de finalizar as actuacións de mellora nas instalacións, unhas intervencións que foron posibles a través dos fondos do 0,7% do IRPF que a Xunta de Galicia xestiona, procedentes das achegas de quen marcou o recadro 106 de "Actividades de Interese Social".


Unha das obras principais foi a remodelación do tellado do centro, mediante a instalación dunha cuberta de zinc natural e dunha lámina de ventilación que melloran as condicións ambientais e o confort térmico. Esta actuación repercute directamente nas 27 persoas usuarias do centro terapéutico e nas 12 persoas profesionais que traballan nel.

ree

Outro dos investimentos destacados foi a instalación dunha batería de acumulación de enerxía solar fotovoltaica e dun sistema de aerotermia, medidas que permiten incrementar a eficiencia enerxética, reducir a dependencia de combustibles fósiles e baixar o impacto ambiental, mantendo ao mesmo tempo unhas condicións óptimas de confortabilidade.

Os fondos da X Solidaria tamén se destinaron á adquisición de equipamento para os obradoiros de autonomía persoal que se desenvolven no centro. No caso do obradoiro de coiro, incorporouse novo material como pintura, pel de forro porcino, coiro de poldro galego e de vaca.


Por último, o centro sumou seis novos ordenadores que permiten actualizar os equipos existentes e mellorar o manexo das novas tecnoloxías, imprescindibles para a formación e a participación social das persoas usuarias.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Melloras a través da aportación dos fondos do 0,7% do IRPF

As persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de Actividades de Interese Social colaboran fan posible a renovación de infraestruturas, a eficiencia enerxética e a adquisición de novo equipamento no centro de atención diúrna.


O centro de atención diúrna que COGAMI ten en Medelo vén de finalizar as actuacións de mellora nas instalacións, unhas intervencións que foron posibles a través dos fondos do 0,7% do IRPF que a Xunta de Galicia xestiona, procedentes das achegas de quen marcou o recadro 106 de "Actividades de Interese Social".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page