top of page

Melide, xunto a outros 5 concellos, entre eles Silleda impulsa a dixitalización do ciclo da auga

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

No caso de Melide permitira a ligazón para depurar a rede de saneamento do polígono industrial da Madanela


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide presentou recentemente unha solicitude na primeira convocatoria de subvencións en concorrencia competitiva de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia PERTE Dixitalización do Ciclo da Auga, de carácter estatal. Melide concorre a estas axudas a través dunha agrupación de solicitantes da que tamén forman parte os municipios da Pastoriza, Fisterra, Pol, Silleda e Valga.

Esta concorrencia conxunta permitirá aos seis concellos, no caso de contar coa subvención, a creación dun sistema de información e ferramentas dixitais en relación co ciclo da auga, mellorando a xestión do mesmo significativamente. A través da tecnoloxía poderíase recompilar, xestionar e almacenar grande cantidade de información en tempo real, facilitando a toma de decisións.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O importe da subvención para o Concello de Melide será do 20,24%, o que representa

algo máis de dous millóns de euros. A concesión desta subvención permitiría igualmente ao Concello de Melide un investimento na rede de saneamento do polígono industrial da Madanela para materializar a necesaria conexión e depuración das augas. 

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page