top of page

Melide vive con forza o Entroido cun programa cheo de actividades

O concurso de disfraces celébrase o domingo 11, co tradicional pasarrúas e queima do entroido o martes


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide organiza neste 2024 un completo programa de actividades para celebrar o Entroido. En total, serán cinco días de diversión, festa e actividades que encherán de cor, maxia e imaxinación as rúas da vila. O Entroido arrinca o sábado 10 de febreiro con senllas actividades para toda a familia.

A praza das Coles acollerá de 17 a 19 horas unha Festa Infantil de Disfraces que incluirá xogos, baile, música ou obradoiros. Posteriormente, ás 19:30 horas, sairá da praza do Convento un fantástico Pasarrúas de Entroido acompañado do Folión Grileiro. Cando remate, celebrarase na praza das Coles unha foliada coa Escola de Música e Baile Tradicional Herba Grileira, na que se degustarán produtos típicos destas datas.


O domingo 11 celébrase unha nova edición do Concurso de Disfraces, con suculentos

premios para as persoas participantes, e onde unha vez máis a veciñanza melidá deixará

fluír a imaxinación. Haberá tres categorías: comparsas (máis de oito participantes), grupos

(de tres a oito participantes), e individuais ou parellas. As comparsas terán dous premios

de 1.000 e 700 euros respectivamente. Os grupos, outros dous, no seu caso de 400 e 300

euros. Tamén serán dous os premios na categoría de individuais e parellas, con importes

de 150 e 100 euros. As bases do concurso explicitan que os menores de idade non

poderán participar na categoría individual ou por parellas se non van emparellados cun

adulto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O concurso arrincará ás 16:30 horas coa recepción ás persoas participantes no Cantón de San Roque, dende onde partirá o desfile unha hora despois. Finalmente, ás 18:30 horas terá lugar o concurso propiamente dito no Pazo de Congresos.


Ao día seguinte, domingo 11, o Centro Social acollerá a celebración dun baile amenizado

polo trío Son Remolino. Será ás 17 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Luns e martes de Entroido

O luns 12 de febreiro agarda unha tarde de diversión. O Pazo de Congresos será escenario dunha fabulosa festa de inchábeis que se prolongará entre as 16 e as 20 horas e

onde as e os pequenos da casa se divertirán coma nunca.


O martes 13, ás 19 horas, partirá da praza do Convento un novo Pasarrúas de Entroido

acompañado polos Gaiteiros do País. Unha hora despois, ás 20 horas, a praza das Coles

acollerá un espectáculo de animación musical con Nelson Quinteiro, a Agrupación Máis

Cantos e charanga tradicional. Haberá degustación de doces de entroido e de chocolate.

Ás 21 horas as festas terán o seu punto culminante na mesma praza das Coles coa lectura do pregón e a tradicional e agardada queima do Entroido.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Talleres de entroido

De luns a mércores celebraranse uns obradoiros de entroido para as e os pequenos da

casa, a partir de cinco anos de idade, no Edificio Multiusos. Nesta actividade aprenderán

a facer disfraces caseiros. En horario de 11 a 12:30 horas, o luns aprenderán a facer

máscaras con refugallos. O martes será a quenda dos sombreiros divertidos, e o

mércores, dun obradoiro creativo espacial. A inscrición nestas actividades debe facerse

no departamento de Cultura do Concello, sendo as prazas limitadas.


Na organización deste programa impulsado polo Concello de Melide colaboran Herba

Grileira, Gaiteiros do País e máis a Asociación Cultural e Ecolóxica Curuxás.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page