top of page

Melide viaxa no tempo co seu V Mercado Furelos no 1900 do 16 ao 18 de setembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Incluirá un tren turístico que unirá o casco urbano melidense co lugar de celebración para facilitar os desprazamentos de visitantes


Laura Moure/Melide

Melide acolle este mes de setembro a V edición do Mercado de Época Furelos no 1900. Unha cita que se consolida e na que se convida a veciñanza e visitantes a mergullar no Melide do pasado, rememorando e recreando a estética da época. Un ano máis a animación, a música, o teatro e a artesanía son o fío condutor desta viaxe no tempo. Esta nova edición aposta por fortalecer o carácter dinamizador sobre o turismo local que posúe este mercado e contará cun atractivo engadido: o Tren Turístico Furelos no 1900, que unirá o centro da vila con Furelos.


As paradas serán diante da Capela de San Roque e Furelos, onde se celebra o evento. A frecuencia do tren será dunha hora entre viaxes. O Mercado de Época abrirá as súas portas o venres 16 de setembro ás 19 horas e posteriormente, o sábado 17 e o domingo 18 abrirá ás 11:30 horas. O peche será ás 12 da noite nas tres xornadas.

O concelleiro Xosé Igrexas e a propietaria do bar A Taberna co cartel da cita.

A animación e a música non faltarán. O sábado pola mañá, os visitantes poderán desfrutar da actuación de Froito Novo. Á tarde, actuará o grupo Falcatrueiros de Palas de Rei e representarase a obra de teatro De onde veñen os Congos. As actividades do sábado incluirán pola tarde os Xogos Populares.


Durante a xornada do sábado e do domingo terán lugar Obradoiros de Pan a cargo de Esparto, e Demostracións de Elaboración de Tella a cargo dos Telleiros de Furelos.


As actuacións do domingos inclúen Meigas e Trasgos de Sarria e Louband de

Sarria. Igualmente, terá lugar o espectáculo teatral Contos, voltas e reviravoltas. Ademais, o domingo incluirán a actuación pola tarde de Garabatos de xogos, un compendio de xogos fabricados de materiais reciclados e unha homenaxe aos Telleiros de Furelos.


Tamén dende o venres ata o domingo na Casa Museo de Furelos recrearase a Escola do Pasado, actividade que se realiza grazas ao Museo Pedagoxíco de Galicia.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende a Concellería de Promoción Económica resaltan que con este tipo de actividades "o obxectivo é fortalecer o rural e seguir apostando polo turismo de interior". O concelleiro, Xosé Igrexas destaca que " Furelos e Melide é sinónimo de Camiño de Santiago, camiño que vertebra non só a cultura, senón tamén o lecer, a economía e a recuperación de oficios tradicionais, así este ano faremos un recollecemento aos telleiros que aínda participan con nós neste mercado de época. Furelos no Camiño vai ser o epicentro o fin de semana do 19 ao 18 de setembro do Mercado de época do cerne de Galicia”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page