top of page

Melide segue coa súa aposta polas instalacións deportivas e substitúe o céspede do campo de fúbtol

As obras terán unha duración estimada de catro meses e contan cun orzamento de licitación de 191.529 euros


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide continúa coa política de mellora das instalacións e infraestruturas deportivas acometendo a substitución do céspede do campo de fútbol. Esta nova intervención anúnciase pouco tempo despois de finalizaren as obras de mellora dos accesos ás instalacións. A licitación deste proxecto foi aprobada este martes en Xunta de

Goberno local.


"O céspede artificial co que conta actualmente o campo de fútbol ten máis de 14 anos de antigüidade, presentando un desgaste que fai recomendable a súa substitución", indica o Concello. A manta orixinal cambiarase por unha nova de céspede sintético de última xeración, lastrado con area de sílice e caucho. As dimensións da capa serán de 96 metros de longo por 59 de ancho, con dous metros a maiores de bandas en laterais e fondos do campo. A superficie total estimada achégase aos 6.300 metros cadrados.


Cando remate esta intervención, o campo de fútbol poderá acoller partidos de fútbol 11 no lado longo do campo e de fútbol 7 no curto. Dado que se marcarán dous campos de fútbol sete, abrirase a posibilidade de que se disputen simultaneamente dous partidos desta modalidade deportiva.

O concelleiro de Deportes, José Prado, sinalou en relación con este proxecto que “é un paso máis na mellora de instalacións deportivas que levamos acometendo todo o mandato, unha vez detectamos que as infraestruturas deportivas de Melide necesitaban unha ampla actualización”. O edil explicou que “o polideportivo ou o campo de fútbol adoecían de falta de mantemento”, e por tanto “o Goberno local puxo en marcha unha serie de actuacións que nos permiten afirmar que estes anos están a ser os da modernización do deporte local”. Así mesmo, confesa que "estamos moi satisfeitos das melloras realizadas grazas ao investimento continuo en todos os últimos exercicios e remataremos o antes posible estes traballos para o desfrute de todas e todos os melidaos”.


As obras terán unha duración estimada de catro meses, e contan cun orzamento de licitación de 191.529 euros.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page