Melide saca a licitación melloras no polígono industrial da Madanela e en pistas de San Cibrao
- Laura Moure

- 3 ago 2021
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Melide
O goberno local de Melide saca a licitación varias actuacións de mellora tanto no polígono industrial da Madanela como no acceso a explotacións agropecuarias na parroquia de San Cibrao. Entre as actuacións previstas no polígono industrial, realizarase unha modificación das rotondas existentes, adaptándoas as necesidades dos vehículos pesados favorecendo a circulación nas mesmas, así como a reparación do firme nas rúas que presentan deficiencias.

Os traballos de mellora supoñen un investimento de 88.414 euros dos cales 73.731 proceden dunha subvención da Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 10 de agosto.
Por outro lado, as empresas teñen ata o 13 de agosto, para presentar as ofertas para o arranxo de pistas de acceso a explotación agropecuarias na parroquia de San Cibrao. Estas actuacións cun investimento de total de 69.416 euros, encádranse dentro do Plan de mellora de camiños municipais 2021-2022 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.






Comentarios