top of page

Melide remata as obras de mellora da pavimentación e da seguridade viaria na Avenida de América

29 sept
2 min de lectura

A actuación, cun orzamento de 182.900 euros, desenvolveuse tamén nas rúas

Fernández Flórez, Alfonso Castelao e Magallanes, na zona norte do centro urbano


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide rematou as obras de mellora da pavimentación e da seguridade viaria na Avenida de América e nas rúas Fernández Flórez, Alfonso Castelao e Magallanes. A actuación abranguía un tramo total de 287 metros de lonxitude.

A intervención permite mellorar o funcionamento destas vías e reforzar a seguridade,

facilitando a convivencia entre o tránsito peonil e o tráfico rodado. Ao mesmo tempo,

contribúe á humanización e á mellora das condicións de mobilidade nunha zona

historicamente desatendida do norte do centro urbano.


O proxecto contemplou a reorganización do espazo das rúas mediante a creación dunha

plataforma única compartida por vehículos e peóns, elevada respecto dos viarios

anteriores. A diferenciación entre os distintos usos realízase a través dos materiais

empregados: a zona de circulación conta con pavimento de mestura asfáltica en quente,

as áreas de estacionamento execútanse con formigón desactivado e o espazo peonil con

baldosa granallada. As antigas beirarrúas foron demolidas para adaptarse a esta nova

configuración. A actuación incluíu tamén a instalación dun sistema de drenaxe para a

recollida e canalización das augas pluviais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta intervención dá resposta á situación anterior destas rúas, que presentaban dous sentidos de circulación, beirarrúas a ambos lados e zonas de estacionamento sen

delimitar. Ademais, nalgúns puntos as beirarrúas non superaban os 90 centímetros de

ancho, o que dificultaba o paso e limitaba a accesibilidade, ao tempo que o pavimento

presentaba desgaste polo paso do tempo e por distintas intervencións de canalización de

servizos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, destaca a importancia destas obras e valorou o

resultado final como unha "gran mellora" para a contorna. Executouse ademais o aglomerado dun tramo da Rúa Galicia. A obra, cun orzamento de 182.900 euros, está incluída na segunda fase do POS+Adicional da Deputación da Coruña.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page