top of page

Melide recepciona as obras de mellora da rúa Alfredo Álvarez González e doutras 13 vías do municipio

A actuación, executada ao abeiro dun convenio coa Deputación da Coruña, supuxo un investimento de 298.749 euros e permitiu mellorar a pavimentación e a seguridade viaria en dez rúas e catro camiños municipais


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide recepcionou onte na Rúa do Pilar, as obras correspondentes ao proxecto de mellora da pavimentación e da seguridade viaria da rúa Alfredo Álvarez González e doutras 13 vías do municipio. A actuación foi executada pola empresa Excavaciones Santiños, S.L., cun investimento de 298.749 euros, ao abeiro dun convenio entre o Concello de Melide e a Deputación da Coruña, co obxectivo de mellorar a pavimentación e reforzar a seguridade viaria en diferentes rúas e camiños do municipio.

As obras permitiron actuar na rúa Alfredo Álvarez González, no camiño do Meire, no camiño de Cabanelas, no acceso á cooperativa, na rúa Alcalde Andrés Rodríguez Martínez, no camiño Arribas, no camiño de Gondolín a Garea, na rúa Juan XXIII, na rúa

Sofía Casanova, na rúa Pastor Barral Camoiras, nas rúas Bocelo e Rañado, na rúa Pilar e na rúa San Salvador.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As actuacións adaptáronse ás necesidades de cada infraestrutura. Na rúa Alfredo Álvarez González levouse a cabo a renovación do firme e a ampliación da calzada; no camiño do

Meire, a repavimentación do vial; no camiño de Cabanelas, a ampliación da plataforma; e

no acceso á cooperativa, a execución dun sobreancho para facilitar o xiro e manobra dos

camións.


Na rúa Alcalde Andrés Rodríguez Martínez, no camiño Arribas, no camiño de Gondolín a

Garea, na rúa Juan XXIII, na rúa Sofía Casanova, na rúa Pastor Barral Camoiras, nas rúas Bocelo e Rañado e na rúa San Salvador renovouse o firme, mentres que na rúa Pilar acometeuse unha ampliación da plataforma viaria.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Os traballos incluíron, segundo as necesidades de cada zona, a preparación das superficies, a limpeza e apertura de cunetas, o estendido de saburra, a pavimentación con

mestura bituminosa en quente, a adaptación de rexistros e a renovación da sinalización

horizontal.


O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, destaca que “con esta actuación mellóranse as

condicións de circulación e seguridade en distintas zonas do municipio, tanto en rúas do núcleo urbano, como en camiños que dan servizo á veciñanza e ás explotacións e instalacións situadas no rural”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page