top of page

Melide reabre o centro social tras 18 meses pechado pola emerxencia sanitaria

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Na vindeira semana reanudarase o ciclo de charlas e excursións mentres que o baile dos domingos deberá agardar


Laura Moure/Melide

O Centro Social de Melide reabriu as súas portas este luns, logo de 18 meses no que o servizo viuse interrompido como consecuencia da situación sanitaria. Ten o seu horario habitual, de 15:00 a 21:00 horas de luns a domingo cun estricto cumprimento das normas sanitarias vixentes na actualidade que condicionan, por exemplo,o aforo máximo que non poderá superar en ningún caso o 70% da capacidade total do centro, tal e como subliña o Concello.


A apertura do centro supón a recuperación de varios dos servizos, entre eles o de dinamización que se leva a cabo as fin de semana e que foi iniciado en outubro do 2019. Nesta mesma liña, nas próximas semanas reanudarase o ciclo de charlas e as excursións que se viñan levando a cabo. O baile que se celebraba os domingos continuará sen realizarse.


A Concelleira de Política Social, Carmen Liñeira, valora moi positivamente a apertura do centro. "Despois dun longo período motivado pola Covid-19, estamos moi contentos de poder reiniciar a actividade nesta nova normalidade. Sen dúbida, os nosos maiores foron un dos grandes prexudicados nesta pandemia e que poidan reiniciar a súa actividade supón un avance importante para eles cara a nova normalidade”.

O centro social de Melide.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page