Melide puxo o broche final a unha fin de semana de viaxe ao medievo
Laura Moure/Melide

Melide puxo onte o punto e final a unha nova edición do seu Mercado Medieval, que durante toda a fin de semana atraeu a numerosos veciños, visitantes e turistas ao centro da vila. As rúas do casco histórico convertéronse nestes días nun auténtico escenario medieval, con postos de artesanía e gastronomía, decoración temática e numerosas propostas de animación para todos os públicos.
Familias, grupos de amigos e visitantes chegados doutras localidades aproveitaron estas tres xornadas para coñecer os produtos dos artesáns, probar diferentes propostas gastronómicas e gozar do ambiente festivo que caracteriza esta celebración.
PUBLICIDADE
Ao longo da fin de semana, o programa incluíu máis de medio cento de actividades, entre espectáculos de rúa, actuacións, música, animación, demostracións, propostas para o público infantil e diferentes actividades vinculadas á ambientación medieval.

PUBLICIDADE
O mercado tamén supón unha oportunidade para dinamizar a actividade comercial e hostaleira da vila, especialmente nunha fin de semana na que Melide recibe a numerosos visitantes. Os establecementos da zona céntrica están a vivir tamén estas xornadas cunha notable presenza de público.
PUBLICIDADE
Cabe mencionar que paralelamente ao Mercado Medieval tamén se celebrou o Mercamelide na Rúa onde os distintos comercios ofreceron importantes descontos.










Comentarios