Laura Moure/Melide
O departamento de Cultura do Concello de Melide deseñou unha ampla e variada programación para a Axenda Cultural que se estenderá durante todo o mes de outubro de 2023. Teatro, espectáculos de maxia, exposicións e música conforman un programa orientado a todas as idades.
A figura de Elías Valiña, “o cura do Cebreiro”, centra unha parte importante da
programación. A Casa do Concello acolle ata o día 31 a exposición itinerante Os camiños
de Elías Valiña, onde se recolle a traxectoria deste sacerdote especialmente implicado no
impulso da peregrinación internacional a Santiago de Compostela. Foi autor dunha tese
de doutoramento sobre o Camiño dende unha perspectiva histórico-xurídica, e elaborou
varias guías de referencia sobre o itinerario xacobeo. A exposición pode visitarse na
entrada da Casa do Concello, de 8:30 a 15 horas. Esta exposición complementarase o venres 20 de outubro coa proxección do documental “Os Camiños de Elías Valiña”. Será na Casa de Cultura ás 20:30 horas.
O domingo 8 de outubro, a Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor acollerá ás 12 horas a
representación de A Nena e os Tres Osos, de Migallas Teatro. A función oriéntase a un
público familiar a partir de dous anos de idade.
Publicidade
O domingo 15 de outubro, no mesmo lugar e hora, Caxoto Contacontos representará Miña Terra, Meu lar. O espectáculo diríxese a un público familiar, a partir dos 3 anos de idade.
O venres 20 de outubro celebrarase o II Ciclo Cultural Literatura no Camiño, coa
presentación do libro Vémonos mañá de Xosé Monteagudo. Será ás 20 horas na sala de
conferencias. O libro novela a historia real de Josefina Arruti e Bibiano F. Osorio-Tafall.
O domingo 22 de outubro, a Biblioteca Municipal acollerá a función O Agasallo das
Árbores de Cris de Caldas. Este espectáculo familiar, que terá lugar ás 12 horas, diríxese a un público a partir dos 3 anos de idade.
O seguinte martes, 24 de outubro, representarase no mesmo lugar a obra Chocolate de
Teatro Calavera, para público a partir de 3 anos de idade. Será ás 17:30 horas, dentro das
actividades do Día da Biblioteca.
Publicidade
O domingo 29 de outubro vivirase unha noite máxica co espectáculo de maxia Ilusionante,
que terá lugar no Centro Sociocultural Mingos de Pita ás 18:00 horas.
O luns 30 de outubro celebrarase un terrorífico Samaín coa representación de Quen ten
cu, ten medo!, de Tarabela Creativa. Un espectáculo que terá lugar ás 17:30 horas no centro sociocultural e que se dirixe a público a partir dos 6 anos.
Comments