top of page

Melide presenta o cartel da 34 Festa do melindre e a repostaría tradicional en FITUR

A cita celebrarase a segunda fin de semana de maio


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide, a través de Xosé Igrexas, tenente de alcalde, presenta o cartel da 34 Festa do melindre e a repostaría tradicional na Feira Internacional de Turismo en Madrid.

Nesta viaxe a FITUR Igrexas promocionou a festividade máis doce de Galicia para darlle unha maior visibilidade a nivel nacional e internacional, así como atraer a posibles visitantes ao centro de Galicia.

“Traer a presentación do cartel da Festa do melindre e a repostaría tradicional a FITUR deixa claro o forte compromiso que temos dende o Concello coa nosa gastronomía, con crear un turismo sostible no que Melide sexa un gran atractivo, especialmente os días 9 e 10 de maior”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A Festa do melindre a repostaría tradicional da Terra de Melide foi declarada de Interese Turístico Galego no 2013 e converteuse, co paso dos anos, nun gran atractivo para visitar a localidade durante a segunda fin de semana de maio.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, como complemento a esta presentación o presidente da Asociación Terra Doce, Alberto Rodríguez, fixo unha actividade de promoción na EFA A Cancela (As Neves) entre o alumnado de repostaría para poñer en valor os ricos, amendoados e melindres.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Outro dos temas que o concelleiro de Turismo levou a FITUR foi a promoción dos domingos de Melide que son “unha sinal de identidade da localidade que se deben poñer en valor e darlle visibilidade a un nivel nacional e internacional”, destaca Xosé Igrexas.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page