top of page

Melide pon o foco na igualdade e o apoderamento das mulleres nun mes de actividades co gallo do 25-N

A mocidade volve ser, un ano máis, un dos grupos de idade prioritarios nesta

campaña


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide pon en marcha un variado e completo programa de actividades con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Un ano máis, as actividades relacionadas con esta data estenderanse durante todo o mes. O obxectivo da iniciativa é continuar a desenvolver conciencia sobre a igualdade entre mulleres e homes e cuestionar os roles de xénero e o machismo. A mocidade volve ser, un ano máis, un dos grupos de idade prioritarios nesta campaña.


Un dos puntos centrais é Polifonía, un proxecto artístico e pedagóxico que procura recoller miradas e experiencias colectivas sobre as distintas formas en que a desigualdade se expresa no cotián. O proxecto desenvolverase ao longo de dúas xornadas no IES de Melide, combinando o obradoiro teatral e o proceso de gravación audiovisual. A primeira delas, o martes 11 de novembro, consistirá nun Obradoiro de Teatro e Igualdade a cargo de Cristina Collazo. A actriz e pedagoga conduce unha actividade participativa que se centra na expresión corporal, a improvisación e o traballo en grupo, onde os xogos teatrais permiten abordar cuestións relacionadas coa igualdade, as relacións de poder e os roles e prexuízos de xénero. Nesta sesión xurdirán ideas, frases e imaxes que servirán para elaborar o guión da peza audiovisual.

ree

Na segunda xornada de Polifonía, o martes 18, empregarase o material recollido no obradoiro para elaborar un guión breve que traduce a linguaxe audiovisual as reflexións

do alumnado e filmar unha curta, de minuto e medio de duración, nas instalacións e na

contorna do IES. A gravación estará dirixida por Bego Pérez, converténdose nun espazo

de aprendizaxe práctica para un alumnado activo diante e detrás da cámara. A peza

audovisual resultante emitirase o martes 25 de novembro nas redes sociais do Concello e

mais do IES. Este documento será unha síntese poética e coral do espírito do proxecto: a

escoita como necesidade e o recoñecemento das múltiples voces da sociedade.


O mércores 12 de novembro, o alumnado de 3º curso de Educación Primaria do CEIP nº1

participará nun obradoiro de roles e estereotipos de xénero baixo o título “Cambiando o

conto”. Nesta actividade, que combina unha metodoloxía participativa coa creatividade e a

expresión corporal, a dramatización convértese nunha ferramenta educativa, no contexto

da relectura activa de contos tradicionais para cuestionar as mensaxes que tradicionalmente normalizaron, abrindo a porta a reimaxinalos e transformalos. O xoves

13 de novembro, o alumnado de 3º dos coles CEIP Mestre Pastor Barral e Martagona

participará do mesmo obradoiro.


Este ano, o Centro Social acollerá un obradoiro destinado ao desenvolvemento da

autoestima e a construción de redes de apoio e apoderamento para as mulleres. Baixo o

nome “Raíces 2.0”, a actividade celebrarase ás 17:30 horas os xoves 13, 20 e 27. A primeira das sesións do obradoiro irá destinada ao recoñecemento persoal e individual da persoa participante. A segunda estará orientada ao autocoidado e a xestión emocional e, a

terceira, ao crecemento e a sororidade, cun carácter colectivo e promovendo o intercambio de aprendizaxes. Dado que o número de prazas é limitado, cómpre inscrición

previa, que pode levarse a cabo no propio Centro Social ou no 981 50 57 06.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O luns 17 de novembro, o alumnado da Escola infantil municipal e a escola infantil As

Granxas desfrutará da súa propia actividade, Conta e Crea en Igualdade. Este obradoiro

procura desmontar as ideas preconcibidas sobre as cores, os xoguetes ou as profesións,

defendendo que as nenas e nenos poidan escoller libremente o que lles gusta. O punto de

partida é a lectura dramatizada dun conto, convidando ao alumnado a observar e analizar

as situacións cotiás para detectar as desigualdades e desterralas.


Xa o martes 25 de novembro, o propio Día Internacional Contra a Violencia de Xénero,

terá lugar a lectura do manifesto institucional ás 12 horas na Praza do Concello. No caso de que chova, a lectura levarase a cabo no Salón de plenos.


As actividades da campaña chegarán á súa fin coa celebración do Obradoiro PorNo(n)

Educar no IES de Melide os días 1, 2 e 3 de decembro. Trátase dunha proposta educativa

centrada na actividade sexual e o bo trato.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page