top of page

Melide organiza un variado programa de actividades durante o mes de marzo para conmemorar o 8M

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O día 8 lerase o manifesto e presentarase un documental, acompañado dunha programación especial de Radio Melide e tamén haberá espectáculos para a mocidade, charlas de interese para as mulleres e unha andaina polo Camiño de Santiago


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide organiza un ano máis un completo programa de actividades en conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. O programa esténdese practicamente durante todo o mes de marzo, dando inicio o día 7 e rematando o 28.

Autor: Ecos da Comarca

O propio 8 de marzo terá lugar a lectura do manifesto ás 12 horas na Praza do Convento. Irá acompañado dunha programación especial en Radio Melide durante toda a mañá. Pola

tarde, ás 20 horas, o Centro Sociocultural Mingos de Pita acollerá a presentación do documental Melide, con M de Muller.


A mocidade de Melide será o centro de varias das actividades celebradas, a fin de avanzar entre as xeracións máis novas na concienciación en igualdade de xénero. Deste

modo, o martes 7 terá lugar a representación do Teatro Ghazafelhos con Iriña Bailarina

para o alumnado de infantil dos CEIP de Melide (Nº1, Martagona e Mestre Pastor Barral).

Será ás 11 horas no Centro Sociocultural Mingos de Pita.


A seguinte actividade para a mocidade celebrarase o venres 10 en dúas quendas (11h e

12h) na Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor. Alá, o alumnado de infantil dos CEIP

asistira á representación do espectáculo de Xarope Tulú con Estrafalaria.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O sábado 11 tocará camiñar. Ese día terá lugar Mulleres no Camiño, un percorrido do

Camiño Francés ao seu paso polo municipio, entre o Leboreiro e Boente. As inscricións

poden facerse no centro social ou no 981 50 57 06. A saída será dende o Cantón de San

Roque ás 9:30 horas.


Dentro da programación tamén se inclúen dúas charlas destinadas ás mulleres, ambas as

dúas no Centro Social. A primeira delas será o martes 14 ás 17 horas. Impartida pola dietista- nutricionista Lucía Paz López, do centro de Saúde de Melide, versará sobre alimentación saudable e muller. A segunda será ás 17:30 horas do martes 28 e centrarase na endometriose. Será impartida por Cristina Fernández Feijoo, presidenta da Asociación QuerENDO de mulleres con endometriose.  


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page