top of page

Melide organiza un taller de decorados e escenografía para crear o Belén Vivente 2025

Será impartido polo recoñecido artista Marcelino de Santiago (Kukas) e desenvolverase os días 13, 14, 20 e 21 de decembro


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide pon en marcha un obradoiro creativo de decorados e escenografía co obxectivo de elaborar o conxunto artístico que formará parte do Belén Vivente. O taller será impartido polo recoñecido artista Marcelino de Santiago (Kukas) e desenvolverase os días 13, 14, 20 e 21 de decembro, ofrecendo dúas quendas horarias para favorecer a participación cidadá: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, cunha xornada completa ou a elixir polos participantes.

ree

A iniciativa busca involucrar á veciñanza na creación dos decorados que darán vida ao recinto onde os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas o 5 de xaneiro, un espazo que este ano se instalará no Pazo de Congresos de Melide.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O obradoiro permitirá aos participantes achegarse ao mundo da escenografía, aprender técnicas e colaborar de forma activa nun proxecto colectivo e ilusionante para toda a comunidade.


Desde a organización destacan a oportunidade que supón traballar da man de Kukas, profesional de referencia no ámbito teatral e escenográfico, e convidan a todas as persoas interesadas a sumarse a esta experiencia creativa que contribuirá a dar forma a un Nadal máis participativo, artístico e cheo de maxia.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico cultura@concellodemelide.gal, mediante WhatsApp no 679132720 ou por teléfono no 981 505 003 (Ext. 5).




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page