top of page

Melide organiza a II Liga de Pádel Concello de Melide

A competición levarase a cabo dende o mes de novembro a abril e nesta ocasión haberá varias categorías


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide organiza dende o mes de novembro a II Liga de Pádel Concello de Melide. A competición estenderase ate finais do mes de abril. Nesta ocasión, as prazas serán limitadas, con preferencia para os participantes na primeira edición. Será obrigatorio contar cun seguro deportivo ou unha ficha federativa.

O concelleiro José Antonio Prado co cartel da cita.

A maior novidade nesta nova edición será a estruturación en distintas divisións segundo o nivel dos equipos participantes, con ascensos e descensos entre categorías a metade da tempada. O custe para os equipos participantes corresponderase cos prezos taxados para a utilización da pista.


Horario dos partidos

Os partidos desta edición celebraranse entre a tarde-noite dos venres e a mañá dos sábados, con posibilidade de xogar o domingo se fose preciso polo volume de participantes. Como o ano pasado, Jim Sports colabora patrocinando a Liga.


O concelleiro de Deportes, José Prado, lembra o “éxito rotundo” que supuxo a edición do ano pasado, onde se inscribiron 20 equipos distintos. “Recollemos a boa disposición amosada polos equipos do ano pasado para repetir a competición este ano”, engade.

Por outra banda, o edil tamén salientou como a automatización do sistema de reservas nas pistas de pádel levou a un uso sen precedentes destas instalacións. “Estamos tremendamente satisfeitos polo incremento de uso”, explicou, engadindo que “persoas de toda a nosa contorna veñen practicar este deporte a Melide pola comodidade que ofrecemos na xestión da reserva, un sistema pioneiro na nosa zona”.


As inscricións na Liga arrincan ás 9:00 horas do vindeiro luns 26 de setembro, e estenderanse ata o 10 de outubro. Poden levarse a cabo por correo electrónico deportes@concellodemelide.gal, na app Sporttia ou chamando ao Concello (981 505 001) e marcando a extensión do departamento de Deportes 2103.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page