Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide, nova parada da Food Truck de Velgasa-Eroski para poñer en valor as conservas galegas

Será este venres e sábado e ademais, mañá a compañía organizará un showcooking coa Asociación Mulleres Rurais Alecrín


Laura Moure/Melide

A localidade de Melide será a nova parada da Food Truck de Vegalsa-Eroski para a posta en valor das conservas galegas. Tal e como informa a empresa, esta estará situada no aparcamento do Autoservicios Familia desta vila. Ofrecerá durante a xornada de mañá, venres 8, e do sábado as mellores tapas do mar a quen compre conservas das marcas participantes nesta campaña que leva por nome Cata a lata.


Ademais, a compañía organizará mañá vernes un showcooking coa Asociación de Mulleres Rurais Alecrín para acercar ás súas integrantes as bondades das conservas galegas. Será en horario de de 11:00 a 11:30 horas e de 16:30 a 17:00 horas.


422 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo