Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide limita a circulación de vehículos no casco antigo para favorecer o tránsito de peóns

Residentes, carga e descarga e vehículos autorizados serán os únicos con permiso de circulación na zona vella


Laura Moure/Melide

A partir deste venres 30 de xullo en parte do casco histórico de Melide, zona característica e das máis transitadas do concello, os peóns terán preferencia sobre o tráfico rodado, xa que vai ser limitado exclusivamente a vehículos de residentes, de carga e descarga e autorizados. Entre os autorizados inclúese o tránsito necesario para favorecer os mercados dominicais, tal e como indica o Concello.

A zona da igrexa de Melide.

Autor: Ecos da Comarca


"O goberno municipal con esta medida e con outras que se irán desenrolando, como as obras que se executarán nos vindeiros meses, quere poñer en valor unha zona que conta con gran variedade de valores históricos, culturais, sociais e urbanísticos, favorecendo o desenrolo económico dos negocios ubicados na zona e ao propio turismo", apunta. "Darlle máis espazo e protagonismo aos peóns nas zonas urbanas é unha tendencia xeral á que Melide non debe ser alleo e por iso o goberno local traballa planificando intervencións en outras áreas da vila", engade.


47 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE