Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide intensifica o mantemento do sistema de bombeo da rede de saneamento e aplica un novo sistema

O Concello realiza actuacións para tratar de diminuír o número de incidencias


Laura Moure/Melide

Tralas numerosas incidencias acaecidas no sistema de bombeo da rede de saneamento nos últimos anos o Concello de Melide puxo en marcha un programa de control e intervención co fin de diminuír, ao máximo posible, a frecuencia e a cantidade de verteduras de residuos.

En primeiro lugar, foi realizada unha completa valoración do sistema de bombeo da rede de saneamento municipal co obxectivo de coñecer as deficiencias existentes e as posibilidades de mellora, actuando posteriormente en aqueles puntos máis problemáticos.

Tralas revisións realizadas, constatouse que os seis pozos de bombeo da rede de saneamento cos que conta Melide precisaban da realización dun mantemento periódico e dun forte investimento na mellora das instalacións.


Nesta liña de mellora, o Concello de Melide vén de realizar reparacións e substitucións en varias das bombas, axustes en cadros eléctricos e solución de varios atascos crónicos nas tubaxes. En dous puntos conflitivos como son a Avenida de Compostela e na Rúa Ourense tamén se realizaron intervencións de importancia. O goberno local ten previsto realizar inversións e potenciar esta liña de traballo para reducir, ao máximo posible, as incidencias acaecidas desde fai anos no sistema de bombeo da rede de saneamento municipal.

28 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE